Reunión anual de emigrantes de Tordoia co alcalde

La Voz

TORDOIA

CEDIDA

O rexedor, Antonio Pereiro, desprazouse esta pasada fin de semana a Xenebra

06 feb 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

O alcalde de Tordoia, Antonio Pereiro, desprazouse esta pasada fin de semana a Xenebra para celebrar un encontro con emigrantes do seu municipio, historicamente moi vinculados aos de Cerceda e Carballo. Desde a que a entidade tordoiesa non ten local, ese costume decaeu, pero trataron de recuperala cunha comida nun restaurante. Este tipo de encontros institucionalizounos o exregidor, o seu pai, e o anterior párroco.