O servizo de atención temperá de Ames e Teo funcionará desde novembro

La Voz SANTIAGO / LA VOZ

TEO

Terá a súa sede na travesía de Casalonga e prestarase conxuntamente por ambos os municipios

24 oct 2021 . Actualizado ás 00:39 h.

Os municipios de Ames e Teo poñen en marcha conxuntamente o servizo de atención temperá a partir da primeira semana de novembro. Disporá dun local habilitado no primeiro piso do número 67 da travesía de Casalonga, e contará con servizos de psicoloxía, logopedia e terapia ocupacional para aquelas familias con fillos con necesidades especiais nos seus primeiros anos de vida.

O profesorado dos centros educativos de Ames e Teo, persoal sanitario dos centros de saúde e os Servizos Sociais de ambos os municipios encargaranse de propor os casos que precisan ser derivados ao servizo. A comisión mixta de coordinación celebrou xa a súa primeira reunión, tras asinarse o convenio o día 11.