Casalonga Limpa anuncia accións ante novos proxectos na canteira de Teo

La Voz SANTIAGO / LA VOZ

TEO

Lorena Cao

Celebrou unha asemblea moi concorrida para prepararse para os seguintes pasos que poida dar a propietaria da canteira

20 ene 2019 . Actualizado ás 05:05 h.

A plataforma Casalonga Limpa de Residuos celebrou o venres unha asemblea moi concorrida para prepararse para os seguintes pasos que poida dar a propietaria da canteira. Un encontro no que destacan o respaldo dos veciños ao traballo levado a cabo desde a coordinadora, xa que todas as votacións tiveron un resultado positivo. Ademais, tamén se aprobou a incorporación de Casalonga Limpa á rede de plataformas Compostela-Ulla-Tambre.

Desde o colectivo lembran que os dous proxectos que presentou ata o momento a propietaria da canteira, os veciños conseguiron paralos -unha planta de residuos e despois «un macrovertedoiro camuflado de ‘plan de restauración da canteira’», polo que agora se preparan para o seguinte paso que dea a firma propietaria. «Sempre que a empresa presenta algo, como sabemos as súas intencións reais, vainos ter en fronte!», asegurou un membro da plataforma como peche á reunión celebrada no restaurante San Martiño.