Victoria abre un novo supermercado na rúa do Hórreo, en Santiago

Margarita Mosteiro Miguel
Marga Mosteiro SANTIAGO / LA VOZ

SANTIAGO CIDADE

Sandra Alonso

Amplía cunha liña renovada o baixo no que estivo o supermercado A Praza

06 dic 2021 . Actualizado ás 12:32 h.

A tenda Victoria , un dos locais de alimentación máis populares de Santiago e que abre practicamente todos o ano, acaba de inaugurar un local na rúa do Hórreo cunha liña renovada. O establecemento, de dimensións moito maiores que o comercio inicial, une así o espazo dedicado á venda de comida elaborada na cociña propia ao despacho doutros artigos de alimentación perecedoiros e non perecedoiros, nos que destaca a sección de produtos gourmet. O novo local segue a liña estética e decorativa do de comida para levar, que abriu fai uns meses no baixo onde estivo o supermercado A Praza, e agora ampliouse ocupando tamén o local da antiga librería Lea.