Hemeroteca | 2000 | Os ximnasios de Santiago botan un pulso ao Concello

La Voz SANTIAGO / LA VOZ

SANTIAGO CIDADE

Las nuevas instalaciones del Multiusos de Sar se estrenaron el 17 de septiembre del 2001
As novas instalacións do Multiusos de Sar estreáronse o 17 de setembro do 2001 PACO RODRIGUEZ

Os empresarios, desgustados pola futura posta en marcha do Multiusos de Sar, acusaban a Raxoi de «competencia desleal»

24 oct 2021 . Actualizado ás 05:00 h.

Hai xusto 21 anos, os ximnasios de Santiago botaban un pulso ao Concello. Os empresarios, desgustados pola futura posta en marcha do centro deportivo municipal de Sar (o Multiusos iniciou a súa actividade case un ano despois), acusaban a Raxoi de «competencia desleal». Desde os negocios privados temían que as novas instalacións públicas, cun enorme aparcadoiro, e os seus prezos puidesen levar á ruína a varios ximnasios, incapaces de competir contra en igualdade de condicións. Chegouse a reclamar entón ao goberno local unha liña de axudas para a actividade deportiva dos composteláns nos centros de xestión privada. Dúas décadas despois, conviven ambos os modelos —o público e o privado— con máis de 40 empresas particulares, entre as que a especialización por disciplinas está cada vez máis presente.