Sae á luz un muro medieval no Obradoiro

La Voz

SANTIAGO CIDADE

XOAN A. ADOITAR

Sacouno á luz a obra dos aseos que se instalarán nos baixos de Raxoi

22 oct 2021 . Actualizado ás 05:00 h.

O Concello xa sabía da súa existencia e as obras dos aseos que aloxarán os baixos de Raxoi sacouno á luz. É o resto dun muro probablemente medieval coa pegada dunha torre, segundo informou a concelleira Mercedes Rosón, e unha bóveda que podería ser dunha época posterior. Rosón asegura que a afectación nas obras será duns días.