Festa de Medicina con homenaxe aos profesores xubilados

La Voz

SANTIAGO CIDADE

XOAN A. ADOITAR

O catedrático emérito Juan Gestal pronunciou a lección maxistral

19 oct 2021 . Actualizado ás 05:00 h.

A Facultade de Medicina celebrou onte a festividade do seu patrón, San Lucas, cunha homenaxe aos profesores que se xubilaron nos dous últimos cursos e que foron recoñecidos coas súas respectivas placas: Anxos Lorenzo, Antonio Canedo, José Ramón Fernández, Manuel López-Rivadulla, Piedade Virginia Fernández, María del Carmen Segura, Alejandro Novo, José Luis Bello , Antonio Crespo, Álvaro Ruibal e Carlos Fernández. A sesión, que tivo lugar no salón de actos do centro, estivo presidida polo reitor da USC, Antonio López, e na mesma o profesor emérito Juan Gestal pronunciou a lección maxistral. Tamén tomaron parte no acto, entre outros, o decano de Medicina , Julián Álvarez, e a xerente da área sanitaria de Santiago e Barbanza, Eloína Núñez.