O BNG de Santiago pide que o alumnado especial poida seguir estudando ao cumprir os 21

La Voz SANTIAGO / LA VOZ

SANTIAGO CIDADE

SANDRA ALONSO

Levará unha iniciativa ao pleno municipal deste mes

20 jul 2021 . Actualizado ás 05:00 h.

O BNG reclama á Xunta que modifique o decreto para que o alumnado especial maior de 21 anos poida continuar a súa formación nos centros de formación especial e pretende que o pleno municipal se manifeste en apoio da iniciativa, para que non se remate «de forma abrupta» o seu proceso de adaptación.