Así foi a marcha pola liberdade do pobo saharauí en Compostela

La Voz SANTIAGO / LA VOZ

SANTIAGO CIDADE

XOAN A.ADOITAR

A oenegué Solidariedade Galega co Pobo Saharaui sumouse á iniciativa a nivel nacional e percorreu preto de 5 quilómetros ata o Obradoiro «por unha causa xusta e necesaria»

10 may 2021 . Actualizado ás 09:36 h.

A oenegué Solidariedade Galega co Pobo Saharaui (Sogaps) sumouse ás marchas pola liberdade do pobo saharauí levadas a cabo en distintos recunchos de España para dar visibilidade a . «unha causa xusta e necesaria»O grupo que participou na convocatoria organizada en Compostela partiu onte pola mañá do Monte do Gozo e percorreu uns cinco quilómetros ata chegar ao Obradoiro, praza na que leron un manifesto.

«O Sáhara Occidental, antiga provincia española, leva máis de 45 anos entre o exilio, a represión e ocupación, sen que se lle dea unha solución de conformidade co Dereito Internacional. España, como potencia administradora, ten a obriga, non só de protexer aos seus cidadáns, senón de facilitar o desenvolvemento dun referendo de autodeterminación para que o territorio deixe de ser a última colonia de África», comezou o manifesto. Desde Sogaps expresaron o seu «máis enérxica condena á nova agresión perpetrada polo exército marroquí contra a poboación saharaui, así como o noso rexeitamento frontal ao inaceptable comportamento do Goberno de España», ao que instaron ao «cese inmediato da venda e doazóns de armas ao exército marroquí» e a intermediar para que os presos políticos saharauís sexan postos en liberdade. Reclamaron, ademais, a intervención de observadores internacionais dos Dereitos Humanos, do comité internacional de Cruz Vermella e da Oficial do Alto Comisionado para os Dereitos Humanos da ONU.