Hemeroteca | 1997 | Raxoi multa por usar material ilegal no casco antigo

La Voz

SANTIAGO CIDADE

ALVARO BALLESTEROS

O Concello perseguía a instalación de elementos de PVC e alumnio nos edificios do centro histórico

29 sep 2020 . Actualizado ás 05:10 h.

O Concello de Santiago abría hai 23 anos unha vintena de expedientes de sanción por infraccións urbanísticas relacionadas co uso de materiais prohibidos na zona vella da cidade. A iniciativa obedecía á vontade do entón goberno municipal de perseguir a instalación de elementos de PVC e aluminio nos edificios do centro histórico. As multas oscilaban entre os 300 e os 3.000 euros. Inicialmente, o Concello procedera a enviar notificacións para que se procedese a eliminar os elementos ilegais, pero unha vintena de persoas mostrouse contraria a acatar a orde municipal, de aí o inicio dos expedientes sancionadores. O goberno quería lograr unha mellor conservación dos edificios, así como o mantemento dos elementos tradicionais. Lembraban a posibilidade de contar con axudas polo que a obra non se encarecía.