Nova incorporación ao grupo de Antigos Alumnos e Amigos da USC

M.M. SANTIAGO

SANTIAGO CIDADE

cedida

Felipe Rivero de Aguilar Sobrino debutou facendo un tramo do Camiño de Inverno

30 sep 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

A Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da USC renovou o Camiño de Inverno en Monforte de Lemos. Felipe Rivero de Aguilar Sobrino se incorporou ao grupo e debutou selando na cafetería Majmel, acrónimo dos promotores do negocio, en compaña de 20 persoas que o recibiron con suma hospitalidade. Habitual do grupo de sendeirismo de Deportes da USC, Felipe comeu en Torre Vilariño (O Saviñao) con  GermánDiz, Carmen Casal e Mercedes Mosteiro. O novato integrouse no grupo de Alumni con ánimo de chegar a Compostela cando Deus queira. E tras a ricas viandas caseiras, unha visita ao Ecomuseo Pazo de Arxeriz ?propiedade dun primo de Celia Yebra, membro do grupo? completou a gozosa xornada.