Campioa de Ordes

M.M. SANTIAGO

SANTIAGO CIDADE

cedida

Lara López consegue tres medallas no VIII Open Internacional

30 sep 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

A deportista ordense Lara López, única participante do Club Salvamento Sada no VIII Open Internacional celebrado na piscina olímpica de Castelló, volveu deixar no máis alto o pavillón de Ordes. Estaba prevista a asistencia de Noel Quiroga, do mesmo club, que finalmente non puido competir. Lara logrou senllas medallas de ouro en 100 metros de remolque manequín con aletas absoluta agrupada feminina e en 100 metros remolque manequín con aletas júnior feminina; ademais fíxose coa medalla de prata en 100 metros da categoría de socorrista absoluta agrupada feminina. Este evento deportivo, que normalmente tamén é campionato de España, estaba previsto para o mes de maio, pero o covid unha vez máis obrigou a pospolo, e disputouse esta pasada fin de semana. No certame competiron deportistas españois e unha nutrida representación de atletas de Portugal.