Maite Flores, na cima da óptica internacional

La Voz

SANTIAGO CIDADE

CEDIDA

A profesora da USC foi elixida secretaria da sociedade europea da súa especialidade

29 sep 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

Maite Flores Arias acaba de ser elixida secretaria da Sociedade Europea de Óptica. Profesora da área de Óptica do Departamento de Física Aplicada, Maite Flores coordina na USC o Laboratorio Láser de Aceleración e lidera o grupo investigador Photonics4Life, recoñecido no 2019 co Premio de Transferencia de Tecnoloxía en Galicia. Accede ao cargo con apoio dunha ampla maioría do colectivo, o que pon en valor a súa contribución aos avances da ciencia a nivel internacional.