Hemeroteca | Ano 2003 | Inauguran o parque de Vista Alegre na leira de Simeón

La Voz

SANTIAGO CIDADE

PACO RODRIGUEZ

O acondicionamento da zona verde tivo que agardar por falta de orzamento

28 sep 2020 . Actualizado ás 05:15 h.

O parque da leira de Simeón foi inaugurado fai hoxe dezasete anos polas autoridades municipais e autonómicas, tras o acondicionamento desta contorna verde sita no barrio de Vista Alegre. O importe da obra ascendeu a 150.000 euros e os traballos completaron a programación urbanística desenvolvida nesta paraxe da cidade. A partir dese momento, os composteláns poderían gozar dun dos espazos máis fermosos de Santiago ao redor da Casa de Europa.

En principio, e tras a construción dos diferentes edificios alí proxectados (o monto global ascendeu a 10,7 millóns de pesetas), esgotouse o orzamento destinado a esta peza de Vista Alegre, polo que o acondicionamento do parque tivo que agardar.