Mensaxes de amor con premio

La Voz

SANTIAGO CIDADE

PACO RODRÍGUEZ

A Xunta entregou os galardóns do concurso Lingua de namorar

24 ago 2020 . Actualizado ás 17:31 h.

A directora xeral de Xuventude, Cristina Pichel, e o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, entregaron os premios do certame Lingua de namorar, un concurso que pretende dinamizar o uso do galego na xente nova. Foron un total de 219 mensaxes de amor as que se presentaron, que foron votadas por 566 internautas. 

Na categoría de 14 a 19 anos de idade, Nee Barros, de Marín, conseguiu por cuarto ano consecutivo o primeiro premio. En segundo lugar quedou Ana Loureiro, de Caldas de Reis, e terceira foi María Femenías, de Foz. Pola súa banda, na categoría de 20 a 35 anos, Leticia Cid, de San Cibrao das Viñas, foi a vencedora, seguida por Denís Vicente e Silvia Pérez, ambos da Guarda. «O futuro é voso», lembrou Valentín García, indicando que «a nosa lingua ten que estar respecto as grandes potencias que moven a unha persoa durante a vida», como o é amor. Pola súa banda, Cristina Pichel animou aos galardonados -asistiron todos menos Denís Vicente- a continuar presentándose ao concurso e lembrando que «o galego é tan válido como os castelán nos distintos eidos».