Búscanse novas voces en Santiago

Patricia Calveiro Iglesias
P. Calveiro SANTIAGO / LA VOZ

SANTIAGO CIDADE

CEDIDA

O Coro Cocó nace co afán de innovar na escena musical e fará unha proba dirixida a cantantes de entre 14 e 30 para formar parte do grupo

24 ene 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

Afinación, ganas e compromiso. Iso é o que busca a asociación xuvenil Coro Cocó, que abriu unha convocatoria dirixida a cantantes de entre 14 e 30 para formar parte do grupo coral. A selección das novas voces farase a través dun cásting, que terá lugar este domingo ás catro da tarde en Santiago. Será no Centro Xove de Almáciga. O Coro Cocó ábrese paso deste xeito na escena coral, que pretende revolucionar innovando no repertorio e pondo na valor a motivación de mozos emprendedores con ambición, como parte dun proxecto cultural actual que nace con grandes aspiracións. A agrupación vocal está ás ordes de Mateo Iglesias , cunha longa traxectoria no campo da música, orquestral e coral, como instrumentista e director. Darán que falar, seguro.

MÁIS HISTORIAS DE PATRICIA CALVEIRO