Hemeroteca | 1993 ! Colectivos da zona vella esixen parar o plan para peonalizalo

La Voz

SANTIAGO CIDADE

CAPOTILLO

Representantes de colectivos decicieron facer unha fronte común contra a proposta do executivo local

19 ene 2020 . Actualizado ás 05:10 h.

Requirir a «paralización inmediata» do plan de peonalización do centro histórico compostelán deseñado polo Concello de Santiago. Os colectivos da zona nobre compostelá acordaban hai 27 anos facer unha fronte común ante o proxecto do goberno municipal, que ía entrar en vigor o 1 de marzo.

As asociacións de comerciantes, empresarios e profesionais, veciños e guías turísticos reuníanse durante máis de dúas horas para analizar a proposta municipal. Estaban en desacordo coa forma de realizar a peonalización xa que o executivo local non contara con elas á hora de deseñalo e alertaban da falta de alternativas ás restricións previstas tanto no tráfico rodado como nos aparcadoiros.