Dous alumnos de Santiago representarán a Galicia na fase nacional da Olimpíada Matemática

Patricia Calveiro Iglesias
P. Calveiro SANTIAGO / LA VOZ

SANTIAGO CIDADE

Paco Rodríguez

Un centenar de estudantes disputáronse as tres prazas autonómicas en Compostela

01 feb 2020 . Actualizado ás 16:27 h.

Resolver tres problemas en tres horas e media. Esta era a proba á que se enfrontaron onte un centenar de alumnos de bacharel que pasaron pola Olimpiada Matemática Galega, celebrada en Compostela. A decana da facultade de Matemáticas, Elena Vázquez Cendón, deu a benvida aos representantes dos 77 centros públicos de Galicia e 24 privados. Durante unha sesión matinal e outra vespertina disputáronse os tres pases para a fase estatal, que se celebrará entre o 19 e o 22 de marzo en Almería. O gañador resultou ser Martín Padrón Rodríguez (do IES As Lagoas, de Ourense), seguido de Antón Moure Rodríguez (do colexio Manuel Peleteiro), e de Antón Figueroa Martínez (do IES de Sar). A decana, Mar Lorenzo Moledo, e o profesor Felipe Gago Couso presidiron a entrega de premios. 

MÁIS HISTORIAS DE PATRICIA CALVEIRO