O bocado máis zumento deuno un veciño de Bertamiráns

Patricia Calveiro Iglesias
P. Calveiro SANTIAGO / LA VOZ

SANTIAGO CIDADE

CEDIDA

Comprou a hamburguesa de Reyes que escondía un billete de 500 euros no seu interior

14 ene 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

Imaxínanse atoparse 500 euros dentro dunha hamburguesa? Iso é, precisamente, o que lle pasou a Ubaldo. Este veciño de Bertamiráns (Ames) foi quen degustou a peza máis zumenta de todas as que se venderon na carnicería compostelá Chelo & Muñico o sábado previo á noite de Reis. E foron centos de hamburguesas, de todos os sabores, porque esta orixinal campaña do Nadal disparou as vendas do día 4. A que alegrou ao amiense a costa de xaneiro era concretamente de croca. «É a máis cara. Cuesta 4,50 euros a unidade», sinala Gloria Costa, á fronte do posto da Praza de Abastos xunto ao seu pai, Antonio. O gañador, cliente habitual da carnicería, chegou a cociñala coa copia en miniatura do billete morado no seu interior. Fíxoa ao momento, como lle gusta. E non atopou o premio ata que lle meteu unha dentada. O sábado, acudía a trocalo por diñeiro en efectivo.

MÁIS HISTORIAS DE PATRICIA CALVEIRO