Cando Ghaleb Jaber fregou pratos no restaurante San Clemente

La Voz

SANTIAGO CIDADE

IRENE MARTÍN

O empresario lembrou a época na que, recentemente chegado a Santiago a estudar Medicina , empezou a traballar no popular establecemento

05 dic 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

O empresario palestino Ghaleb Jaber volveu ao restaurante San Clemente, onde traballou nos seus inicios como estudante de Medicina e recentemente chegado a Santiago, alá polos setenta. Durante unha comida de amigos, entre os que estaba Rogelio Villar -director de Esproagro-, tivo ocasión de rememorar os seus vellos tempos xuvenís e facer partícipe daquela experiencia ao actual propietario do tradicional establecemento, Miguel Ángel Diéguez, cuxa familia llo adquiriu a principios dos oitenta ao lembrado Anxo Prado. A refección foi servida, con gran hospitalidade, polo xefe de comedor -Gerardo Arnoso- e a camareira Denny Brito. O contraste dos tempos pretéritos e actuais foi obxecto de amena conversación.