A Catedral estreará nova iluminación interior en Semana Santa

SANTIAGO CIDADE

Sandra Alonso

O investimento acada un millón de euros e leva a tecnoloxía ao límite en puntos como en Pórtico da Gloria

20 novs 2019 . Actualizado ás 00:49 h.

Unha iluminación que responda ao que a Catedral de Santiago demanda para realzar os seus elementos distintivos. Ese o criterio seguido na actuación que xa está en marcha no interior do templo e cuxo resultado xa poderá verse na súa maioría para a próxima Semana Santa.

Os traballos ascenden a preto dun millón de euros, aproximadamente, para os que a Fundación Iberdrola achegou 800.000 euros mediante un convenio subscrito entre a entidade e o Cabildo catedralicio.

Para conseguir a iluminación de «a Catedral demanda» levaron nalgúns casos a tecnoloxía ao límite, segundo destacou o arquitecto Ignacio Valero. «Estamos a traballar con tecnoloxía led e haberá luminarias específicas para o Pórtico da Gloria, que ten uns requirimentos que a industria non pode levar a cabo de xeito estandarizada», afirmou.

As novas instalacións resaltarán elementos distintos das naves, cruceiro, girola, triforio e o xa mencionado Pórtico da Gloria. O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, destacou que se trata da primeira vez que se realiza un proxecto integral e resaltou que permitirá ver «xoias que agora pasan e que agora poderemos ver en todo o seu esplendor»

Pola súa banda, o presidente da Fundación Catedral, Daniel Lorenzo, detallou que en Semana Santa xa haberá culto de novo na Catedral pero será de xeito «peculiar» porque estarán en plena efervescencia os traballos no altar maior, polo que as celebracións serán noutros puntos, como pode ser no lugar no que agora está o peche do Pórtico da Gloria.