Os cuartos desta pensión convértense nun mercado

Patricia Calveiro Iglesias
P. Calveiro SANTIAGO / LA VOZ

SANTIAGO CIDADE

PACO RODRÍGUEZ

Durante dúas fins de semana de decembro ocuparanas asociacións animalistas para recadar fondos

19 novs 2019 . Actualizado ás 09:02 h.

Por segundo ano, a pensión de Andrea Martínez cederá os seus cuartos para organizar nelas un singular mercado do Nadal. Oito asociacións implicadas no rescate de animais e a súa protección ocuparán as estancias do negocio da zona vella, situado amais do bar Barbantes (praza de Fonseca). Durante dúas fins de semana, nos días 14, 15, 21 e 22 de decembro, estas ofrecerán distintos produtos para recadar fondos. Todo iso, acompañado de sorteos. Abeiro, o refuxio de Bando, Vacaloura, 3PA, Amigos Peludos de Teo, Micos do Barrio, Argo e Peludos en apertos venderán o seu propio merchandising (bolsos, calendarios das asociacións e outros), así como produtos de segunda man e artesanía fabricada polos amantes dos peludos. Andrea declárase unha deles. Hai anos empezou como voluntaria en Bando e, cando faleceu a súa avoa, decidiu acoller a un can do refuxio ao que o resto marxinaba e obrigaba a durmir ao raso no inverno, soportando durísimas xeadas. Acabou converténdose nun gran apoio para a veciña de Brión, que na súa casa ten actualmente oito cans e trinta gatos, entre os adoptados e os que ten en acollida.

MÁIS HISTORIAS DE PATRICIA CALVEIRO