A máquina solidaria da Festa do Paluso ponse en marcha

Patricia Calveiro Iglesias
P. Calveiro SANTIAGO / LA VOZ

SANTIAGO CIDADE

CEDIDA

Xa se repartiron as huchas azuis polos comercios de Santiago para recadar fondos

14 novs 2019 . Actualizado ás 11:01 h.

A máquina solidaria púxose en marcha en Santiago para levar a cabo a Festa do Paluso. Nela sérvese cada ano un prato quente e dioivos de cariño para que ninguén pase só o día de Nadal e Noitevella. Xa se repartiron preto dun centenar de huchas azuis entre os comercios de Santiago coas que recadar fondos. Colaboran os negocios de sempre e tamén outros novos, como Secretos de Galicia. O seu responsable, Carlos, explica que sendo unha empresa gastronómica de carácter colaborativo non se podía negar a pór o seu granito de area nunha causa como esta. Son moitos os nomes que habería que citar, empezando, por Chus Iglesias e Serafín Varela, a parella de hostaleiros que empezou a celebrar no seu negocio (o Paluso) a festa, sacando o diñeiro do seu propio peto. E, seguindo por todos os voluntarios, que arriman o ombro máis que nunca desde que a Chus se lle diagnosticou un cancro. «Non me deixan mover un dedo. O que se involucra a xente é impresionante», di ela, quen xa non concibe outra forma de celebrar o Nadal que non sexa na carpa da Alameda, onde é benvido todo o mundo. Por ser o primeiro voluntario e o único durante moitos anos, merece mención especial Simone Negrín. «É artífice de todo esta xolda» e quen involucrou ao batallón coral dirixido por Ramón Bermejo e aos Amigos do Coro dá Rá cando Chus e Serafín xa non podían permitirse seguir organizando as súas tradicionais comidas solidarias. Así o destaca Chus. A esta máquina engraxada de colaboradores vanse unindo cada vez máis. O último,  José Valiña, un churrero que se ofreceu a servir as sobremesas o día de Nadal para acompañar ao chocolate que se serve na carpa.

MÁIS HISTORIAS DE PATRICIA CALVEIRO