Callos do mar e outros pratos sorprendentes nos Abetos

La Voz

SANTIAGO CIDADE

Sandra Alonso

O hotel santiagués renova a súa carta e presenta o seu programa do Nadal

09 novs 2019 . Actualizado ás 01:54 h.

No Gran Hotel Os Abetos estanse cociñando moitas novidades, que onte anunciaba o seu director, José Félix Álvarez Cordeiro. O establecemento, un dos máis visitados polos artistas que actúan en Compostela (entre as últimas, Barei), renovou a súa carta de outono-inverno para enchela de sabores autóctonos de Galicia e matices propios da tempada. Entre os pratos estrela propostos polo xefe de cociña, Dhenis Cappellino, destacan os callos do mar. Neste caso a culler afúndese nun variado de algas das nosas costas, vise, polbo e mexillón. Risotto de carabineros, guiso de galo de Mos, pluma ibérica con castañas e unha apetitosa potaxe de lentellas están entre os novos pratos. Ademais, o hotel santiagués conta desde fai tres anos cun menú degustación para peregrinos, a súa Sinfonía Gastronómica do Camiño, que recolle algúns dos sabores máis típicos da Ruta do Norte e Francesa nunha viaxe que acaba cun símbolo da repostería local, a torta de Santiago. E, a falta de pouco máis dun mes para o Nadal, avanzaron tamén a programación para estas festas, tanto para as ceas de empresa e amigos (os días 13, 14, 20 e 21 de decembro) como para as galas de Noiteboa e Noitevella. O acto acompañouse cunha degustación de viños da adega Valmiñor que formarán parte dos menús do Nadal.

MÁIS HISTORIAS DE PATRICIA CALVEIRO