A banda de música xuvenil de Celanova e A Lira de Ribadavia participan no certame galego

La Voz OURENSE

SANTIAGO CIDADE

Cedida

Ambas as agrupacións concursan este sábado no Auditorio de Galicia, en Compostela

31 oct 2019 . Actualizado ás 14:06 h.

A Banda de Música Xuvenil de Celanova participa esta fin de semana no décimo terceiro certame galego de bandas de música. A agrupación celanovesa participará na sección xuvenil, nun concurso que será o sábado pola mañá no Auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela. Nese certame xuvenil tamén participarán as bandas Escola Unión Musical de Tenorio, a Orquestra Xuvenil da Banda de Música de Riba de Ave e a Banda Xuvenil de Antas de Ulla. A banda de Celanova actuará en terceiro lugar, o sábado ás 12.50 horas.

A banda A Lira, de Ribadavia, tamén participa no certame organizado pola Federación Galega de Bandas de Música Populares, pero dentro da sección segunda. Tócalles actuar en primeiro lugar, ás cinco da tarde do sábado. As bandas interpretarán un pasodobre de presentación e, para o concurso, unha obra de libre elección e outra de autoría galega proposta pola organización.