A Peregrina percorre Santiago

La Voz

SANTIAGO CIDADE

Numeroso público participou nas festas patronais

02 sep 2019 . Actualizado ás 14:40 h.

A plazuela da Algalia de Abaixo foi o punto de partida esta mañá do rosario da Peregrina co gallo de as festas patronais. Numerosos devotos -moitos deles portando veas-, así como a Banda Escola de Música de Rianxo e o grupo folclórico Novo Río Sarela, acompañaron á imaxe da virxe no percorrido ata a igrexa parroquial. Este ano portou o estandarte Jesús Gato, mentres que José Luis Lea e Agustín Álvarez levaron as citas. Así se iniciaba a xornada final dos festexos, que comezaron o venres. A sesión vermú foi a cargo da orquestra Essencia, que tamén repetirá na verbena nocturna. 

Tamén Aríns estivo onte de festa. Neste caso, eran en honra ao Santísimo. Actuou para animar a mañá a Banda Cultural de Teo e, pola noite, estaba prevista unha verbena con Nova Era.