Hemeroteca | Ano 2004 | Os composteláns estrean a área de lecer de Chaián

La Voz

SANTIAGO CIDADE

SANDRA ALONSO

O investimento do Concello de Santiago para pór a punto a área recreativa na bela paraxe bañada polo río Tambre foi de 182.000 euros

20 jul 2019 . Actualizado ás 05:15 h.

Este domingo Chaián volve ser escenario festivo da pesca do escalo, e fai xustamente quince anos tiña lugar a inauguración a área de lecer desta bela paraxe fluvial do río Tambre que delimita os termos municipais de Santiago e Trazo. A pesar de que a meteoroloxía non axudou, numerosos veciños sumáronse á festa de inauguración da zona de lecer, á que asistiron o alcalde e varios membros da corporación municipal compostelá. O investimento do Concello de Santiago para pór a punto a área de lecer foi de 182.000 euros.

Este privilexiado enclave da parroquia de Grixoa estivo moito tempo vedado ao goce dos cidadáns, e a súa recuperación tardou, pero finalmente os veciños puideron por fin pasear de novo pola contorna verde que bordea o río e utilizar o mobiliario instalado, en especial as mesas e bancos situados no espazo arboledo. Mesas de xadrez, grelladas ou recintos para practicar o boleyplaya foron outras das incorporacións a Chaián.