Hemeroteca | 1999 | O príncipe Felipe peregrina a Santiago desde Padrón

La Voz

SANTIAGO CIDADE

ALVARO BALLESTEROS

Percorreu vinte e dous quilómetros da Ruta Xacobea desde Padrón ata a Praza do Obradoiro, acompañado por amigos e compañeiros da academia militar

19 jul 2019 . Actualizado ás 08:43 h.

O, por aquel entón, príncipe Felipe percorreu 22 quilómetros do Camiño desde Padrón ata Compostela. Realizou a ruta acompañado dunha vintena de amigos e compañeiros da academia militar tras pasar a noite nunha casa rural de Ribeira. Saíu de Padrón á primeira hora da mañá e chegou ao Obradoiro ao mediodía, rodeado dun xentío de espectadores. Antes de entrar na Catedral fíxose as fotos de rigor nas escaleiras da rúa de Raxoi e seguiu coa rutina de calquera peregrino. Tras admirar a Praza do Obradoiro, entrou na Catedral, abrazou a Santiago Apóstol e puxo a man no parteluz do Pórtico da Gloria.