A biblioteca Concepción Arenal abrirá ata as 3 da madrugada a partir do luns

La Voz SANTIAGO / LA VOZ

SANTIAGO CIDADE

XOAN A. ADOITAR

Inicia o horario nocturno con motivo do período de celebración de exames na USC

19 abr 2019 . Actualizado ás 11:48 h.

Os exames achéganse e a biblioteca da Universidade de Santiago inicia o período de horarios extraordinarios. A partir do luns, a biblioteca Concepción Arenal estenderá o seu horario de peche ata as 3 da madrugada. De luns a venres, permanecerá aberta desde as 8.30 e as fins de semana e festivos estará operativa desde as 10 horas.

A partir do 2 de maio, a Concepción Arenal pasará a estar aberta as 24 horas. Así permanecerá ata o 14 de xuño, cando volverá ao seu horario de peche das tres da madrugada.

De forma complementaria, á Concepción Arenal sumaranse durante as fins de semana e festivos a biblioteca da Facultade de Ciencias Económicas, a Biblioteca Xeral e a sala de lectura da Facultade de Dereito, que estarán abertas de 10 a 22 horas entre os días 1 de maio e 9 de xuño.