Raxoi fai un chamamento á cidadanía para que actúe ante vexacións a mulleres nos buses

Patricia Calveiro Iglesias
P. Calveiro SANTIAGO / LA VOZ

SANTIAGO CIDADE

PACO RODRÍGUEZ

O Concello de Santiago instalou medio centenar de carteis nas liñas urbanas dentro dunha campaña de sensibilización

26 mares 2019 . Actualizado ás 14:18 h.

Acabar coas vexacións a mulleres nos autobuses urbanos de Santiago e convertelos nun espazo libre de violencias machistas é o obxectivo da última campaña de sensibilización impulsada polo Concello de Santiago, no marco das accións emprendidas polo 8M. Raxoi non só fixo esta mañá un chamamento á cidadanía para que se implique e colabore en evitar as agresións, acosos, tocamentos ou de comportamentos machistas. Pídelle que actúe e para saber que debe facer alguén que sexa testemuña deste tipo de situacións, repartiu 50 carteis informativos, un por liña, que marcan as pautas a seguir.

Así o explicou esta mañá Marta Lois, concelleira de Igualdade, nunha ruta de autobús a bordo da liña 6 desde a Praza de Abastos á rúa dá Rosa: «Buscamos fundamentalmente unha campaña que lle dea a volta. En vez de poñer o foco nas mulleres, como noutro tipo de actuacións que as revictimizan e fan que teñan que baixar dun autobús, nós o que queremos é sensibilizar aos usuarios dos autobuses para saber e para reafirmar que este é un espazo libre de violencias machistas».

«No transporte público viaxan día a día moitísimas mulleres -xoves, maiores, con nenos...-, e cremos que é moi importante este tipo de senbilización para saber que se acontece algún tipo de incidencia todos e todas actuamos. Como aparece neses cartaces, actuamos chamando á policía, e actuamos corresponsabilizándonos tamén as persoas que somos responsables das condicións dos transportes», engadiu a edila compostelá. «Estos días estámonos reunindo para traballar colectivamente. É dicir, queremos unha campaña na que o conxunto da cidadanía protexan os espazos públicos para que sexan libres de violencias machistas», apostiló Marta Lois. 

Desta forma, o Concello busca paralelamente que «saia á luz calquera tipo de acontecemento o actuación que, aínda que non se denuncie, poda estar presente nun autobús. Preocúpanos que mulleres, tanto maiores como novas, que viaxan de día ou de noite neles se sintan intimidadas, que non digan nada ou acaben baixando dese autobús. É un transporte público que ten que velar pola seguridade do conxunto e, polo tanto das mulleres».

«No transporte público viaxan día a día moitísimas mulleres -novas, maiores, con nenos...- e cremos que é moi importante este tipo de sensibilización para que, se acontece algún tipo de incidencia, todos e todas actuemos. Como aparece neses vinilos, actuamos chamando á Policía Local (092). Queremos que o conxunto da cidadanía protexa os espazos públicos para que sexan libres de violencias machistas», expuxo a concelleira de Igualdade, acompañada do xerente de Tussa, José Ramón Mosquera.

Intimidación e exhibicionismos

Mosquera asegurou que non lles constan denuncias «pero iso non quita que sigamos sensibilizando, detectando e erradicando pequenos micromachismos». A edila compostelá apuntou que, recentemente, apareceron publicacións nas redes sociais falando de en «intimidacións e exhibicionismos» algún autobús.

Desta forma, o Concello busca paralelamente que «saia á luz calquera tipo de acontecemento o actuación que, aínda que non se denuncie, poda estar presente nun autobús. Preocúpanos que mulleres, tanto maiores como novas, que viaxan de día ou de noite neles se sintan intimidadas, que non digan nada ou acaben baixando dese autobús», engadiu.

Marta Lois lembrou que se está traballando cos condutores para que a medio prazo poida haber un protocolo de actuación ante este tipo de casos e destacou a súa implicación: «Somos conscientes do alto nivel de estrés e a responsabilidade que é levar un autobús e hai que agradecer o seu interese e apoio a esta campaña».

Por que a Compostela Aberta non lle gustan as paradas antiacoso?

Marta Lois incidiu en que a clave da nova campaña está «en colocar o foco no agresor e non na vítima, de tal xeito que debe ser el o que abandone o espazo público e non a muller agredida». Por outra banda, explicou por que Compostela Aberta aposta por accións de sensibilización e «non nos gustan as paradas antiacoso» postas en marcha noutros concellos. «Cremos que puxeron o foco nas vítimas, pero os agresores quedaban nos autobuses. Empréganse como solución curta para a muller que se sinte intimidada», indicou.

«Cremos que dende o punto de vista da responsabilidade pública esa non é a saída, non é unha política con vocación feminista», engadiu a edila de Igualdade. Os vinilos, concluíu, manteranse de forma permanente no interior de todas as liñas e complementan a acción que rotuló de negro da liña 1 en novembro .