Detido en Lavacolla un home que deixou á súa muller chorando na porta de casa e cun bebé de días

Xurxo Melchor
Xurxo Melchor SANTIAGO

SANTIAGO CIDADE

PACO RODRÍGUEZ

A vítima asegurou que a súa parella a tiña coaccionada e ameazada e que temía pola súa vida e pola do seu fillo

17 feb 2019 . Actualizado ás 00:45 h.

O Equipo de Resposta Policial (Erpol) da Policía Autonómica detivo o pasado mércores a un home en Santiago de Compostela por cometer un presunto delito de violencia de xénero contra a súa parella.

Os axentes desprazáronse ata unha vivenda de Lavacolla tras recibir o aviso de que unha muller estaba a ser agredida polo seu marido. Unha vez no inmoble, os policías atopáronse á vítima, que tiña un bebé de só once días en brazos, chorando e con síntomas de inquedanza.

Tras preguntarlle que pasara, a muller explicou que o seu marido a tiña coaccionada e ameazada e que temía tanto pola súa vida como pola do seu fillo recentemente nado.

Os axentes procederon despois á detención do home e trasladárono á comisaría para despois remitir as dilixencias ao xulgado de garda.