Atención primaria pide melloras con paros nos centros de saúde

La Voz SANTIAGO / LA VOZ

SANTIAGO CIDADE

SANDRA ALONSO

Expoñen que se eliminen as estruturas de xestión integrada e que volvan funcionar xerencias propias

16 feb 2019 . Actualizado ás 20:21 h.

Profesionais de centros de saúde de atención primaria concentráronse de novo onte 5 minutos ao mediodía para solicitar melloras. Entre as reivindicacións, expoñen que se eliminen as estruturas de xestión integrada e que volvan funcionar xerencias propias para atención primaria, como antes de outubro do 2011 na área sanitaria de Santiago, con orzamentos propios. Piden tamén poder negociar «en pé de igualdade» coa consellería e coas organizacións políticas, sindicais e sociais.

A Coordinadora Galega de Atención Primaria, con representación das diversas áreas sanitarias, reunirase en Santiago o luns para actualizar as reivindicacións. Tamén esixen unha mesa de diálogo para elaborar un novo plan de mellora da atención primaria galega, indican.