«Santiago emocionoume moito»

Cada mes, un estudante estranxeiro da USC comparte a súa visión de Compostela nas redes a través da campaña de embaixadores dixitais da Universidade


santiago / a voz

«Eu recoméndoche que fagas moitas fotografías e que che divirtas, porque é unha experiencia que ocorre unha vez na vida. E intenta involucrar a canta máis xente mellor, porque o corazón deste proxecto son os estudantes erasmus. Intenta coñecer a canta máis xente mellor». Óscar Quintana fala desde a experiencia. Cóntallo diante dun café calentito a Sulaiman Jalily, que está a piques de embarcarse nun proxecto que a Óscar o cambiou por dentro. E todo, grazas a un puñado de fotografías e vídeos. Óscar Quintana, estudante cubano-italiano que este curso está de erasmus en Económicas, foi embaixador dixital da USC en novembro. Sulaiman está a piques de vivir esa mesma experiencia. Estudante de Medicina afgán, xa pensou boa parte do que quere compartir mentres sexa embaixador dixital durante o mes de febreiro.

-Quero facer fotografías da biblioteca pública, alí podes estudar, ler, ver películas...

-¿Pasas moito tempo alí?

-A verdade é que non.

View this post on Instagram

We are happy to introduce you our November’s Dixital Ambassador! Óscar, a Cuban-Italian Erasmus Business and Management student.⠀ “I chose Santiago de Compostela for its cultural life, The Camiño of course, and I have found a city that totally thrilles me”. ••••••••••••••••••••••••••••••••••••••••••••••••••••••••••⠀ ¡Estamos moi felices de presentar ao noso Embaixador dixital de Instagram para o mes de novembro! Óscar é un estudante Erasmus ítalo-cubano que veu de intercambio á Facultade de Administración e Dirección de Empresas este semestre.⠀ “Elixín Santiago pola súa vida cultural, polo Camiño e descubrín unha cidade que me superou as miñas expectativas”.⠀ ••••••••••••••••••••••••••••••••••••••••••••••••••••••••••⠀ Estamos felices de presentardes ao noso embaixador dixital de Instagram para ou mes de novembro! Óscar é un estudante Erasmus italo-cubano que veu de intercambio á Facultade de Administración e Dirección de Empresas este semestre.⠀ " Escollín Santiago pola súa vida cultural, polo Camiño e atopei unha cidade que superou as miñas expectativas"⠀ ⠀ #gettoknowUSC #universidaddesantiagodecompostela #universityofsantiagodecompostela #Compostela #Galicia #UniversidadeUSC #USC #SantiagodeCompostela #Erasmus #studyabroad #InternationalStudents #erasmusplus

A post shared by USC Internacional (\usc.internacional) on

Estalan os risos. Esa é unha das cousas que fan os embaixadores dixitais da USC. Mostrar a vida universitaria e a cidade máis aló dos tópicos. «Os alumnos internacionais son importantes prescriptores da institución», explican no servizo USC Internacional, que segue unha tendencia moi en boga nas universidades europeas, especialmente as nórdicas. Cada mes, un estudante estranxeiro da Universidade comparte a súa experiencia en Santiago a través de entre catro e seis fotos e stories de Instagram : as súas primeiras impresións, que é o que máis lles sorprendeu ao chegar a Santiago, cales son os seus recunchos favoritos...

-Con este proxecto podes facer coñecer Santiago, e non só a Catedral ou os monumentos. Tamén eses lugares típicos, un pouco particulares que coñecen só os estudantes ou algunhas persoas.

A Óscar o que máis lle gusta de Santiago é que a pesar de ter un tamaño miúdo, -«podes ir a pé a todos lados e iso é algo bo para os estudantes estranxeiros, sobre todo ao principio»- é moi grande. «Hai de todo», afirma. Sorprendeulle, porque tiña unha idea preconcibida de Santiago. «Emocionoume moito, descubrín algo que non me podería imaxinar». ¿E Sulaiman? ¿Como é a súa fotografía de Santiago?

-Gústame moito o tempo que fai aquí.

-Creo que é a primeira persoa que di que lle gusta a choiva.

-É que no meu país fai moito frío e nieva. Aquí o tempo é mellor.

View this post on Instagram

Our Dixital Ambassador recommends you to try Galician Deli Octopus: Polbo á feira 🐙​!⠀ ••••••••••••••••••••••••••••••••••••••••••••••••••••••••••⠀⠀Si vés estudar a Santiago non podes deixar de probar o máis típico: o polbo a feira 🐙!⠀ ••••••••••••••••••••••••••••••••••••••••••••••••••••••••••⠀⠀Se vés a Santiago estudar a Santiago non podes deixar de probar ou prato máis típico: O Polbo á Feira 🐙 ! #gettoknowUSC #universidaddesantiagodecompostela #universityofsantiagodecompostela #Compostela #Galicia #UniversidadeUSC #USC #SantiagodeCompostela #Erasmus #studyabroad #InternationalStudents #erasmusplus

A post shared by USC Internacional (\usc.internacional) on

Non só o tempo. «Ademais do tamaño da cidade, gústame como é a xente, é moi amable, especialmente cando non sabes o seu idioma, axúdanche cos estudos, ensínanche a cidade ...». Aínda que ambos coinciden en algo: os estudantes galegos, na facultade tenden a relacionarse pouco os con estranxeiros. «Son un pouco pechados», confesa Óscar.

Coñece toda a nosa oferta de newsletters

Creamos para ti unha selección de contidos para que os recibas comodamente no teu correo electrónico. Descobre o noso novo servizo.

Votación
6 votos
Comentarios

«Santiago emocionoume moito»