A igrexa de San Martiño Pinario restaura os óleos da sancristía

Margarita Mosteiro Miguel
marga mosteiro SANTIAGO / LA VOZ

SANTIAGO CIDADE

PACO RODRÍGUEZ

O templo abordará en febreiro a mellora integral da súa iluminación

12 dic 2018 . Actualizado ás 22:42 h.

O resultado dun minucioso proceso de restauración realizado nos óleos sobre cobre que locen na sancristía da igrexa de San Martiño Pinario foi presentado onte. Esta primeira parte do traballo para a posta ao día do templo compostelán completarase a partir de febreiro do próximo ano cunha actuación para a mellora e reposición lumínica da igrexa no seu conxunto.

Doazón de 710 litros de aceite

Doutra banda a Cociña Económica, o Albergue de Xoán XXIII e o Banco de Alimentos recibirán, a partes iguais, os 710 litros de aceite de girasol e oliva recadados no Seminario Maior, a iniciativa do seu Espazo Cultural. Á entrega asistiron José Otero, responsable do espazo; Joaquín Pulleiro, do Seminario; e Esther Seoane da Cociña Económica. José Pita, do Banco de Alimentos, escusou a súa asistencia. Pulleiro enmarcou a acción no espírito das actividades do Mosteiro de San Martiño Pinario, que outrora repartía gran entre os necesitados e agora axuda ás citadas entidades sociais.