Forte rexeitamento ao proxecto dun túnel baixo a Alameda

La Voz

SANTIAGO CIDADE

PACO RODRÍGUEZ

O Concello barallaba comunicar así o Ensanche co centro histórico

12 dic 2018 . Actualizado ás 05:15 h.

A idea que barallaba o Concello de Santiago de construír un túnel subterráneo para comunicar o Ensanche co centro histórico, así como un aparcadoiro, motivou unha forte polémica e a mobilización de veciños, que empezaron a recoller firmas coa intención de bloquear esta iniciativa, xa que afectaría o parque da Alameda. No escrito xa asinado por centos de composteláns, expresaban o seu rexeitamento contra un proxecto que «atenta contra unha das zonas máis emblemáticas da cidade, así como contra o noso patrimonio».