A USC entra na nova xunta directiva das editoriais universitarias españolas

La Voz SANTIAGO / LA VOZ

SANTIAGO CIDADE

ESTRELA ALONSO

Estará representado a través do profesor Juan Luis Blanco Valdés

20 novs 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

Ana Isabel González foi reelixida presidenta das editoriais universitarias españolas (UNE) para o bienio 2018-2020, un período no que a USC tamén formará parte desa xunta directiva a través do seu director de publicacións, Juan Luis Blanco Valdés.

Na asemblea xeral de ÚNEA, celebrada na Universidade Autónoma de Madrid, a presidenta trasladou aos editores universitarios as liñas básicas do programa de traballo que porá en práctica, que son a innovación, a calidade e a formación. González, directora do servizo de publicacións da Universidade de Oviedo, dirixiu desde a súa chegada á asociación, entre outros proxectos, o desenvolvemento e aplicación do selo de calidade en edición académica CEA-APQ, convertido xa en eixo estratéxico da edición universitaria.