Un camión esnaquiza a balaustrada da ponte de Sar

La Voz

SANTIAGO CIDADE

ÓSCAR CORRAL

O golpe provocou que se desprendesen pedras do histórico arco

19 novs 2018 . Actualizado ás 05:15 h.

Tal día como hoxe hai 15 anos un camión esnaquizaba parte da balaustrada da histórica ponte de Sar. «O descoido dun condutor», explicaba o Concello compostelán, provocaba graves danos na infraestrutura, á que se desprazaron inmediatamente o edil de Patrimonio, Luis Toxo, así como o seu homólogo en Infraestruturas, Bernardino Rama. A desfeita chegou mesmo ao arco, onde tamén se desprenderon pedras. O vello paso soportaba o tránsito de centos de vehículos, que fuxían dos atascos da avenida de Lugo.