A Alameda de Santiago queda sen cisnes

SANTIAGO CIDADE

SANDRA ALONSO

O ano pasado desapareceron outros dous exemplares, e agora nada se sabe do negro

08 novs 2018 . Actualizado ás 13:33 h.

Quen non ha ir algunha vez a ver os patos e os cisnes ao estanque da Alameda?. Supoño que algunha persoa haberá, pero serán poucas as que non pasaron tardes gozando coa estampa de patos e cisnes nadando tranquilamente, e véndolles desaparecer e aparecer por baixo das pontes. Centos de nenos creceron dándolle a estas aves para comer pan, e nalgún caso tamén os restos dos seus bocadillos, pero cada vez hai menos exemplares no estanque.

O pasado ano desapareceron dous cisnes brancos, e o negro quedou só coa única compaña de varios patos. Tras meses de soidade, hai uns días as persoas que acoden habitualmente ao estanque botárono en falta. Nada se sabe do ocorrido, aínda que nos consta que tanto a Policía Local como os operarios da empresa de mantemento de parques e xardíns teñen constancia da desaparición da ave.