Dez horas de festa para os máis pequenos nas Cancelas

La Voz

SANTIAGO CIDADE

XOÁN A. SOLER

O centro comercial celebra de 11 a 21 horas o quinto aniversario da súa mascota Celi con máis dunha trintena de actividades

22 sep 2018 . Actualizado ás 04:55 h.

De 11 a 21 horas • Centro comercial As Cancelas • Gratis • Celi, a mascota das Cancelas, cumpre cinco anos e celebrarao cunha festa na que as actividades se sucederán durante dez horas no centro comercial. Serán máis dunha trintena de propostas diferentes distribuídas polas tres plantas do edificio e no aparcadoiro exterior desde as 11 ás 21 horas.

Os asistentes ao aniversario de Celi poderán gozar dos paseos en póneis, pista americana e inchables e, este ano, como novidade, tamén haberá camas elásticas e a atracción Scalextrix Magic Cars. Non faltarán tampouco os talleres, coa posibilidade de participar nos de cociña, robótica e maquillaxe. A nova tecnoloxía estará presentes a través dunha carpa de videoxogos e realidade virtual. Os asistentes tamén poderán subirse ao volante dun coche de ralis e vivir a emoción da carreira cunhas lentes de realidade virtual. As propostas completaranse con actividades deportivas, actuacións musicais e de danza.

Como en toda festa de aniversario, a mascota Celi tamén terá a súa torta, que será de chuches, e soprará as velas. Será ás 21 horas e, antes de repartila entre os asistentes, celebrarase un sorteo presencial dunha viaxe a Eurodisney París. Todas as actividades serán gratuítas.