Guinarte anuncia renovación no seu proxecto para ser o aspirante do PSOE á alcaldía

La Voz SANTIAGO / LA VOZ

SANTIAGO CIDADE

Alexxander

Avoga por unha «lista integradora», que estea «aberta á cidadanía» e «composta por militantes e non militantes»

06 jun 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

O decano da Facultade de Dereito da USC, Gumersindo Guinarte, anunciou onte a súa intención de impulsar un proxecto de «renovación, innovación e reformulación» para liderar a candidatura do PSOE á alcaldía de Santiago, de cara ás municipais que se celebrarán en xuño do 2019.

Nunha entrevista na Radio Galega, recollida por Europa Press, Guinarte avanzou un plan «que aposte por garantir unha nova convivencia entre a habitabilidade da cidade e o seu motor económico: o turismo». Defendeu Guinarte que é necesario avanzar en grandes proxectos como a nova depuradora e a estación intermodal. E avogou por unha «lista integradora», que estea «aberta á cidadanía» e «composta por militantes e non militantes» nas filas socialistas.