O eurovisivo Salvador Sobral gaña un premio en Santiago

La Voz SANTIAGO / LA VOZ

SANTIAGO CIDADE

Gleb Garanich

O galardón, convocado pola Escola Oficial de Idiomas, decidiuse por votación popular

04 abr 2018 . Actualizado ás 13:53 h.

O portugués Salvador Sobral, vencedor do último festival de Eurovisión, e a compostelá A Banda dá Loba gañaron o concurso aRi[t]mar, convocado pola Escola Oficial de Idiomas, nas modalidades de música portuguesa e galega, respectivamente. Competiron contra 9 candidaturas finalistas. O premio decidiuse por votación popular. Prevese que acudan a recibir o galardón nunha gala que se celebrará na cidade a inicios do próximo curso.

Este certame continúa aberto e contempla aínda dúas fases máis nas próximas semanas. Así, o 24 de abril fállase o premio especial do xurado á mellor embaixada galego-lusófona; e desde o 16 de abril ao 20 de maio, de novo por votación popular, elixirase o mellor poema galego e o mellor portugués, igualmente entre dez candidaturas.

Este premio conta co apoio de varias institucións de Galicia e Portugal e pretende «achegarmos a cultura e a lingua dos dous países», indica.