O BNG demanda o arranxo dos sinais dos Colecamiños para garantir a súa seguridade

La Voz SANTIAGO / LA VOZ

SANTIAGO CIDADE

CEDIDA

Os nacionalistas denuncian que as rutas presentan un estado descoidado

10 mares 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

O BNG reclama o arranxo e reposición da sinalización dos Colecamiños, así como o seu mantemento, a fin de crear un contorno seguro para os escolares. As rutas dos Colecamiños presentan, segundo denuncia o grupo nacionalista, un estado descoidado no relativo á sinalización horizontal e vertical e que pode supor un perigo para os nenos ao non estar en boas condicións as referencias que atopan as persoas condutoras nos paneis indicadores de tráfico.

Esta falta de mantemento «dificulta a conformación dunha contorna segura para o tránsito de escolares, que é unha das características desta iniciativa que procura que os nenos e nenas poidan ir a pé aos centros escolares», sinala o BNG, que resalta que este sistema forma parte do cambio necesario de mobilidade e seguridade viaria para lograr un novo modelo de cidade.