La gallega Jéssica Bouzas gana a Paula Badosa y avanza en el Másters de Madrid

Sen feridos tras ladearse un autobús escolar nunha estrada de Villestro

La Voz SANTIAGO

SANTIAGO CIDADE

Álvaro Ballesteros

O bus orilló demasiado ao cruzarse cun camión. Os veciños desta parroquia compostelá reclaman desde hai anos a ampliación desta vía que enlaza Roxos con Reborido

29 oct 2015 . Actualizado ás 13:19 h.

Todo quedou nun leve susto. Un autobús escolar que esta mañá facía o percorrido pola parroquia compostelá de Villestro quedou ladeado na estrada que enlaza Roxos e Reborido, no lugar de Feáns. O incidente produciuse sobre as 08.30 horas cando o bus orilló demasiado a o cruzarse cun camión. Os menores que transporta, que non sufriron ningún contratempo, tiveron que ser trasladados a outro autobús que, finalmente, conduciunos ao seu centro escolar. 

Álvaro Ballesteros

O incidente provocou algunha retención na zona. Ademais, o autobús municipal que cobre a ruta por Villestro non puido cruzar polo lugar ata as 11.30 horas, momento no que foi retirado o vehículo accidentado.

O 112 Galicia mobilizou á Policía Local, Tráfico e Protección Civil.

Os veciños da zona reclaman desde hai anos a ampliación desta estrada. Lembran como non é o primeiro accidente que se produce.