Un home falece nun accidente de tractor en Santa Comba

La Voz SANTIAGO

SANTA COMBA

CEDIDA

O suceso ocorreu na tarde deste domingo no lugar de Esmerode, onde a vítima estaba a traballar co vehículo agrícola

14 jul 2021 . Actualizado ás 01:00 h.

Un home perdeu a vida este domingo nun accidente de tractor en Santa Comba. O suceso ocorreu no lugar de Esmerode, onde a vítima estaba a traballar co vehículo agrícola. Un particular alertou do accidente ao 112 Galicia ao redor das 18.30 horas, a través dunha chamada telefónica na que a testemuña do sinistro indicou que o tractor se saíu da vía e chocara contra un valado. 

O Centro Integrado de Atención ás Urxencias 112 Galicia alertou a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros do Xallas, á Policía Local, á Garda Civil de Tráfico e ao servizo municipal de Protección Civil. Desprazados ao lugar do sinistro, os servizos sanitarios non puideron facer nada por salvar a vida do condutor do tractor, informou o 112.

Este sábado tamén perdeu a vida outro home de 78 anos nun accidente de tractor en Vila de Cruces.