Casa Barqueiro de Negreira reparte dez décimos premiados con 12.000 euros

La Voz SANTIAGO / LA VOZ

SANTA COMBA

XOAN A. ADOITAR

A lotería tamén deixou esta fin de semana un primeiro premio en Santa Comba, de 600.000 euros a serie

29 jun 2021 . Actualizado ás 00:26 h.

O sorteo da lotería nacional deixou esta fin de semana un primeiro premio (dotado con 600.000 euros ao número) na administración número 1 de Santa Comba, que vendeu o número 37.493 e un segundo premio (que reparte 120.000 euros ao número) que se vendeu na administración de lotería número 3 de Bertamiráns.

O segundo premio da lotería ha ir a parar tamén a Negreira , porque no coñecido restaurante Casa Barqueiro tocaron dez beliscos de 12.000 euros cada un. E é que todas as semanas, neste local hostaleiro xogan dez décimos dunha serie do 71.852 para o sorteo do sábado que adquiren na administración de Bertamiráns. Nesta ocasión, eran de 6 euros cada un, porque o prezo varía en función do tipo de sorteo.

Os afortunados no sorteo deste sábado son clientes, porque os donos do restaurante sempre procuran reservarse para eles algún dos décimos, pero esta semana vendéronos todos. De igual modo, desde o local hostaleiro congratúlanse de que tocase no seu establecemento e felicitan aos afortunados.