Centenaria en Rois

La Voz

ROIS

MERCE ARES

Pepa Boullón Rey , da parroquia de Buxán, en Rois, estreou o ano cumprindo cen

25 ene 2020 . Actualizado ás 09:23 h.

Pepa Boullón Rey , veciña da aldea do Faro, na parroquia de Buxán do municipio de Rois, estreou o ano converténdose en centenaria. Cen anos moi ben levados, salvo algúns achaques propias da idade, como a mobilidade das pernas ou problemas de oído. Pepa Boullón naceu na aldea de Moares, pero casou para a do Faro, onde tivo dous fillos, aos que agora hai que sumar catro netos e outros tantos bisnietos. «Dentro do que cabe, leva unha vida case normal», di a súa nora Lourdes. Gústalle ver a televisión polas tardes e, en especial, un concurso de palabras. Pero, sobre todo, cando está bo tempo, encántalle estar na galería da casa, que ten unhas vistas espléndidas. Desde ese punto, ademais, observa a vida da aldea e sabe, por exemplo, cantos coches chegan, incluído o autobús escolar. Pepa tamén «tolea» por estar co bisnieto de dous anos que vive na casa e gústalle lembrar cando, sendo moza, «ía ao monte coas vacas» ou cando «traballaba ou liño» e facían pezas de roupa. A súa nora asegura que «nunca foi unha persoa de estar encerrada» e, talvez por iso, ese gusto de estar na galería para admirar a paisaxe ata onde acada a vista.