Rois e O Pino felicitan as festas aos veciños con vídeos orixinais

La Voz

ROIS

22 dic 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

O Concello de Rois felicita as festas aos seus veciños cun vídeo da Escola Municipal de Música, unha adaptación da canción dos Beatles Obladi Oblada dun minuto de duración. O Concello do Pino, pola súa banda, difundiu un vídeo no que os protagonistas son os alumnos máis novos do municipio, e que inclúe a postal gañadora do concurso escolar municipal e imaxes de Papa Noel e os Reis Magos.