Ven insuficiente o persoal para asistir necesidades específicas no colexio de Rois

La Voz ROIS / LA VOZ

ROIS

Unha familia denuncia que a consellería se nega a dotar o colexio de máis coidadores

22 jul 2019 . Actualizado ás 05:05 h.

A familia de dous nenos con necesidades específicas matriculados no CPPI dos Dices, en Rois, considera «insuficiente» o reforzo de persoal anunciado polo colexio para atender as necesidades do colectivo de alumnos con diversidade funcional. Fala, ademais, de que, no caso do docente de Audición e Linguaxe (Ao)/Ao), que se incorporará ao centro a media xornada, non dispón do perfil concreto que se demanda.

A familia tamén explica que a Consellería de Educación négase a dotar o colexio de máis coidadores a pesar das necesidades reais que existen, de modo que o curso pasado houbo unha soa persoa para tres nenos que necesitaban de coidados. Cónstalle, ademais, que o próximo curso entrará no centro un alumno con gran dependencia, polo que estima que a dotación é «claramente insuficiente».