Padrón e Santiago reforzan lazos

La Voz

PADRÓN

XOAN A. ADOITAR

Celebrouse o día da vila rosaliana en Compostela

29 jul 2021 . Actualizado ás 05:00 h.

Tal como marca a tradición, este mércores a corporación compostelá recibía á padronesa nun acto no que se volveron reforzar os seus fortes lazos de irmandade. No Obradoiro, o alcalde de Santiago , Sánchez Bugallo, intercambiou o bastón de mando co rexedor de Padrón , Antonio Fernández Angueira, e destacaron os 60 anos desta histórica relación entre ambas as localidades. Ao finalizar os seus discursos, as dúas corporacións saíron aos balcóns de Raxoi para escoitar ás bandas de música de Santiago e Padrón. O evento celébrase á inversa na Pascua padronesa.