Sete restaurantes de Padrón participan nas xornadas da lamprea

ou. lópez PADRÓN / LA VOZ

PADRÓN

MERCE ARES

As degustacións están programadas para os días 12, 13 e 14 a un prezo de 35 euros por persoa

05 mares 2021 . Actualizado ás 01:34 h.

Sete restaurantes de Padrón participan nas VII Xornadas Gastronómicas da Lamprea, organizadas polo Concello a través da área de Turismo. Os establecementos hostaleiros son: restaurante O Secreto; Scala; Chef Rivera; O Alpendre; Pulpería Rial; O Santiaguiño e Casa Farrucán.

Deste xeito, este venres, sábado e domingo e os días 12, 13 e 14 de marzo a lamprea protagonizará os menús destes restaurantes. Para degustalos, haberá que reservar previamente e o prezo é de 35 euros por persoa.

Pola pandemia, este ano non haberá actividades divulgativas e lúdicas de xornadas anteriores. A concelleira de Turismo, Lorena Couso, explica que desde o goberno local «facemos todos os esforzos por manter o maior número de actividades sociais, culturais e de ocio e para continuar dinamizando a economía do noso municipio, atendendo sempre ás medidas e recomendacións sanitarias». Por iso, agarda que estas xornadas «supoñan un revulsivo para empresarios e hostaleiros».